luns, 27 de abril de 2020

ACLARACIÓN CIRCUÍTO.

Póñovos unha serie de exercicios que vos poden servir de exemplo para facer o traballo que vos pido.

Exemplo de progresión:

   1.   15 segundos de traballo por exercicio e 15 segundos de recuperación para pasar ao seguinte (esta é a pauta que seguíamos nos no cole cando facíamos circuítos) X 2 repeticións
   2.   20 Segundos de repeticións de cada exercicio e 10 segundos de recuperación. X 2 repetic.
   3.   25 segundos de repeticións de cada exercicio e 5  segundos de recuperación. X 2 repetic
   4.   20 segundos de repeticións de cada exercicio sen descanso..... X 3 repeticións


                                       

   Diseñades 10-12 exercicios e debuxádelos de xeito sinxelo (monigote). Tendes infinidade de exemplos se poñedes no buscador imaxes de exercicios para circuíto



CIRCUÍTO EDUCACIÓN FÍSICA.


Ola a todos/as.


Tendo en conta a especial situación na que nos atopamos propoño o seguinte traballo.

   Retomando a  unidade didáctica de CONDICIÓN FÍSICA propóñovos para estes días o deseño e realización dun CIRCUÍTO que poidades facer nun espazo reducido (salón, habitación, etc) e que estea composto por 8-10 estacións. En cada estación debedes deseñar un exercicio ( skipinng, abdominais, nocellos, sentadillas, flexións de brazos, etc...)

      No buscador de google poñendo imaxes de exercicios para circuíto atopades un montón de actividades que podedes empregar.

   Co fin de manternos activos neste tempo tan especial no que imos ter que estar todos recluídos nas nosas casas podemos realizar o circuíto dúas veces a semana ou máis se o desexades. O circuíto deseñado podédelo repetir dúas ou tres veces, como facíamos no colexio (se vos acordades). Tamén é interesante que establezades unha progresión. Por exemplo:

-          1ª sesión: 10 segundos de traballo 20 segundos de recuperación X dúas veces.

-          2ª sesión: 15 segundos de traballo 20 segundos de recuperación X dúas veces.

-          3ª sesión: 10 segundos de traballo 20 segundos de recuperación X tres veces.

   As posibilidades de progresión son infinitas.

   Recomendo que empreguedes unha música que vos guste como elemento motivador.

TRABALLO PRÁCTICO A REALIZAR:

-          Deseñar un circuíto debuxando os exercicios de cada estación.

-          Indica a progresión que fas.
EDUCACIÓN FÍSICA. E.S.O.

Ola a tod@s, comentarvos os traballos que quedaron pendientes de entregar e que mos podedes enviar o seguinte correo electrónico.

j.fernandez29@hotmail.com

Recordatorio de traballos que tenden que entregar.

1º E.S.O.  Traballo atletismo carreiras

2º E.S.O.  Traballo atletismo saltos.

3º E.S.O.  Traballo atletismo lanzamentos.

4º E.S.O.  Traballo probas combinadas.