luns, 27 de abril de 2020

CIRCUÍTO EDUCACIÓN FÍSICA.


Ola a todos/as.


Tendo en conta a especial situación na que nos atopamos propoño o seguinte traballo.

   Retomando a  unidade didáctica de CONDICIÓN FÍSICA propóñovos para estes días o deseño e realización dun CIRCUÍTO que poidades facer nun espazo reducido (salón, habitación, etc) e que estea composto por 8-10 estacións. En cada estación debedes deseñar un exercicio ( skipinng, abdominais, nocellos, sentadillas, flexións de brazos, etc...)

      No buscador de google poñendo imaxes de exercicios para circuíto atopades un montón de actividades que podedes empregar.

   Co fin de manternos activos neste tempo tan especial no que imos ter que estar todos recluídos nas nosas casas podemos realizar o circuíto dúas veces a semana ou máis se o desexades. O circuíto deseñado podédelo repetir dúas ou tres veces, como facíamos no colexio (se vos acordades). Tamén é interesante que establezades unha progresión. Por exemplo:

-          1ª sesión: 10 segundos de traballo 20 segundos de recuperación X dúas veces.

-          2ª sesión: 15 segundos de traballo 20 segundos de recuperación X dúas veces.

-          3ª sesión: 10 segundos de traballo 20 segundos de recuperación X tres veces.

   As posibilidades de progresión son infinitas.

   Recomendo que empreguedes unha música que vos guste como elemento motivador.

TRABALLO PRÁCTICO A REALIZAR:

-          Deseñar un circuíto debuxando os exercicios de cada estación.

-          Indica a progresión que fas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario